VAI POR AÍ Por CAMILO FRANCO (camilofranco@lavoz.
es)
L12 | SANTIAGO | Viernes, 21 de octubre del 2011 | La Voz de Galicia
En xeral, hai dous tipos de rostros nun país.
Os que dan a cara e os que teñen cara.
Dar e ter
son cousas contrarias porque todo o...
More
VAI POR AÍ Por CAMILO FRANCO (camilofranco@lavoz.
es)
L12 | SANTIAGO | Viernes, 21 de octubre del 2011 | La Voz de Galicia
En xeral, hai dous tipos de rostros nun país.
Os que dan a cara e os que teñen cara.
Dar e ter
son cousas contrarias porque todo o que das deixas de telo.
Este é un concepto profundamente
capitalista e, polo tanto, evidentemente contemporáneo.
Hai xente que pon a cara a diario e hai xente que só a sube ao
facebook como se un álbum de
fotos virtual fose o verdadeiro
lugar do combate.
Hai xente que
pon a cara para cobrar e xa non
necesita dala nunca máis porque
os cartos son enganosos, como
calquera banqueiro sabe, e cantos máis cobras máis sensación
tes de que che pertencen e de
que mesmo aínda che quedaron a deber.
As caras dun país non son todas iguais aínda que os telexornais saquen sempre as mesmas.
As caras dun país non valen todas o mesmo e xa sabemos que
agora están moito mellor pagados aqueles que cometeron
erros moi, moi grandes.
Aqueles
que enganar
Less