L6 | SANTIAGO | Viernes, 7 de septiembre del 2012 | La Voz de Galicia
Había unha vez, ou quizais dúas,
unha tristura.
A xente é feliz
máis ou menos do mesmo xeito, pero cada quen está triste á
súa maneira.
Por iso hai máis
cancións sobre a tristeza que sobre a felicidade, porque a primeira é normal e a segunda é unha
cousa...
More
L6 | SANTIAGO | Viernes, 7 de septiembre del 2012 | La Voz de Galicia Había unha vez, ou quizais dúas, unha tristura. A xente é feliz máis ou menos do mesmo xeito, pero cada quen está triste á súa maneira. Por iso hai máis cancións sobre a tristeza que sobre a felicidade, porque a primeira é normal e a segunda é unha cousa louca, extraordinaria e, como todo o bo, narcotizante. A tristeza, todo hai que dicilo, non está de moda. Ata agora ía levando canda ela esa fama romántica, o aire de pianista polaco atrapado pola humidade centroeuropea. Ata agora a tristeza era vintage e podías poñela máis como un traxe de corte elegante que como un mal do ánimo. Era un asunto de poetas reconcentrados en si mesmos ou de melancólicos con poucas ganas de pasar por enfermos. Tamén podía ser entendida como un escudo para xente con poucas ganas de ser molestada, xente necesitada dun refuxio contra tantos cansazos como ofrece a vida. A tristura era como un non facer. A alegría pide demasiada devo
Less
From Camilo Franco
Adobe PDF document
Pub. on Sept. 7th 2012
Pages: 1
Views: 18
Downloads: 0
L6 | SANTIAGO | Jueves, 22 de diciembre del 2011 | La Voz de Galicia
Desde que existe Facebook a
xente utiliza menos os espellos.
Prefire as pantallas, que son máis
fáciles de manipular.
Os espellos son neutrais pero non fiables porque o resultado non depende deles.
No Facebook todo é
posible grazas aos cen mil fillos
do...
More
L6 | SANTIAGO | Jueves, 22 de diciembre del 2011 | La Voz de Galicia Desde que existe Facebook a xente utiliza menos os espellos. Prefire as pantallas, que son máis fáciles de manipular. Os espellos son neutrais pero non fiables porque o resultado non depende deles. No Facebook todo é posible grazas aos cen mil fillos do Photoshop e que a xente teima en colgar estampas dos supostos momentos felices aínda que, estatisticamente, son moitos menos que os outros. Pero ser realista agora está moi mal visto porque Urdagarín fixo moi ben o seu traballo. Dan Graham é máis lúcido que realista. Ten esa certa manía de que as súas obras reflictan algo do que o mundo é. Non todo. Non é ambicioso. Pero o que reflicten as súas pezas é esa constante tensión entre o grande e o pequeno, o que poderiamos ser entre todos e o que somos un por un. Hai quen se mira no espello e quere ver un monumento sen decatarse de que somos miniaturas. Hai quen mira e non é capaz de advertir as grandezas das miniatura
Less
From Camilo Franco
Adobe PDF document
Pub. on Dec. 22nd 2011
Pages: 1
Views: 60
Downloads: 0
L8 | SANTIAGO | Viernes, 9 de diciembre del 2011 | La Voz de Galicia
Santiago é un vórtice espacial
asomado a realidades temporais
diferentes.
Poñamos por caso:
nun lado está o Circo do Sol explicando como un mundo novo substitúe a un mundo vello.
Como as democracias van ocupando o lugar das vellas monarquías.
No outro lado...
More
L8 | SANTIAGO | Viernes, 9 de diciembre del 2011 | La Voz de Galicia Santiago é un vórtice espacial asomado a realidades temporais diferentes. Poñamos por caso: nun lado está o Circo do Sol explicando como un mundo novo substitúe a un mundo vello. Como as democracias van ocupando o lugar das vellas monarquías. No outro lado inauguran con toda cerimonia e banda de música un busto, non moi grande, de alguén que como Paulo Coelho (pronuncie Coelo se se sente incómodo en portugués) se deixou pagar as dietas para visitar Compostela. Esas dúas Compostelas estanme humedecendo o corazón das distancias e quizais por iso van case dúas semanas que non aparece o sol. Que imos encollidos mirando o xeito de non mollar os pés nos charcos por conservar algo seco. Unha vez que o porvir -que palabra- naufragou incluso antes de que nos decatáramos de que o tiñamos. Antes de que existise. Os compoñentes do Circo do Sol non miran para abaixo. O seu espazo vital está arriba. Na parte alta do Multi
Less
From Camilo Franco
Adobe PDF document
Pub. on Dec. 22nd 2011
Pages: 1
Views: 1
Downloads: 0
O Coro da Rá, compensando os problemas do mundo.
PACO RODRÍGUEZ
O cabaré como un xénero para cambiar os métodos.
unha tipo Pereiro.
Aínda que en
cuestión de elegancia o segundo
sempre gañaría.
El gato negro anda no mundo Boris Vian con un cabaré onde o mesmo apañas unhas puñadas que saes
cun verso regalado.
É a vida...
More
O Coro da Rá, compensando os problemas do mundo. PACO RODRÍGUEZ O cabaré como un xénero para cambiar os métodos. unha tipo Pereiro. Aínda que en cuestión de elegancia o segundo sempre gañaría. El gato negro anda no mundo Boris Vian con un cabaré onde o mesmo apañas unhas puñadas que saes cun verso regalado. É a vida mesma aínda que os informativos nos teñan afeitos máis a levar paos noticia si, noticia tamén. Pero de cando en vez hai unha compensación barata, poñamos media hora por mes traballado, e podes rir tentando convencerte a ti mesmo de que o mundo foi mal desde sempre. E resto foi un paréntese. L8 | SANTIAGO | Viernes, 16 de diciembre del 2011 | La Voz de Galicia Sen a paga extra non sería posible o Nadal e sen sentidiño non debería ser posible a civilización. Pero a refundación do capitalismo está propiciando tantas revisións, á baixa, do que dabamos por bo que está facendo falta reescribilo todo porque agora as palabras xa non queren dicir o que dicían antes. Agora
Less
From Camilo Franco
Adobe PDF document
Pub. on Dec. 22nd 2011
Pages: 1
Views: 2
Downloads: 0
Mentres caemos non podemos
deixar de mirar ao fondo.
Ata
que antes do impacto, o noso
retrato se reflexe con pouca nitidez.
Quedamos hipnotizados
pola velocidade da viaxe.
Pola
aceleración da gravidade.
As imaxes de Jeff Wall teñen
algo de hipnótico e o espectador
pode caer contra elas, contra o
seu tamaño e a súa...
More
Mentres caemos non podemos deixar de mirar ao fondo. Ata que antes do impacto, o noso retrato se reflexe con pouca nitidez. Quedamos hipnotizados pola velocidade da viaxe. Pola aceleración da gravidade. As imaxes de Jeff Wall teñen algo de hipnótico e o espectador pode caer contra elas, contra o seu tamaño e a súa luminosidade. Máis incluso que contra esa atmosfera de tempo en suspenso na que se manifestan. Están no fondo dun proceso que cambia aquel vello proxecto da novela como debe ser: un espello ao longo do camiño. Wall coloca o espello ao final, desafiando a caída e a gravidade. Aproveitando a atracción que, aínda cos anos e educación, seguimos sentindo polas imaxes que nos exceden en tamaño. Jeff Wall fai algo máis. Porque decidiu que era necesario para el e quizais para os espectadores ilustrar ese proceso: o da caída contra imaxe. Wall recoloca os seus referentes de xeito que se entenda que unha imaxe é ao mesmo tempo unha composición estética, un documento, un acto co
Less
From Camilo Franco
Adobe PDF document
Pub. on Nov. 19th 2011
Pages: 1
Views: 5
Downloads: 0
Se non fose polo cine teriamos
que poñernos a ver como sería
o noso imaxinario.
O particular
e o colectivo.
Pero o cine está
aquí e, polo tanto, podemos dicir que o noso imaxinario, particular e colectivo, é cinematográfico.
Que cando nos faltan
imaxes recorremos a esas da ficción e esas chegan en forma cinematográfica e,...
More
Se non fose polo cine teriamos que poñernos a ver como sería o noso imaxinario. O particular e o colectivo. Pero o cine está aquí e, polo tanto, podemos dicir que o noso imaxinario, particular e colectivo, é cinematográfico. Que cando nos faltan imaxes recorremos a esas da ficción e esas chegan en forma cinematográfica e, as máis das veces, en dúas dimensións. Nisto si que nos estamos quedando atrás como especie. Cineuropa é un festival de espectadores. De cando en vez aparece Aitana Sánchez-Gijón, recolle un premio e marcha. Pero este é un festival de xente que vai ao cine e que, en xeral, esquiva calquera posibilidade de ter tratos coas alfombras esas que nin son alfombras nin son de todo vermellas. Un esperaría que as historias dun festival de cine se dean dentro das salas. A ser posible na pantalla. Pero os festivais de cine derivaron no sentido perverso e un pode pasar por un festival de cine sen ver unha soa película e estar moi ocupado. Pero ver cine nun festival é un eu
Less
From Camilo Franco
Adobe PDF document
Pub. on Nov. 14th 2011
Pages: 1
Views: 5
Downloads: 0
Si Cranstoun aproveita as melodías do pasado coa enerxía do que queda por facer.
DAVID PROCTER
A nostalxia é unha trampa porque
está baseada nunha perspectiva
enganosa.
Só nos presenta a parte
do pasado que convén á interpretación.
Só nos presenta o centro da
imaxe, esa na que están concentrados todos os focos....
More
Si Cranstoun aproveita as melodías do pasado coa enerxía do que queda por facer. DAVID PROCTER A nostalxia é unha trampa porque está baseada nunha perspectiva enganosa. Só nos presenta a parte do pasado que convén á interpretación. Só nos presenta o centro da imaxe, esa na que están concentrados todos os focos. Fóra do focos, antes como agora, a vida non é tan desexable nin tan agradable. É como é. Pero a música pode permitirse esas trampas porque hai unha distancia considerable entre escoitar unha canción e querer volver aos anos cincuenta. Daquela, segundo as crónicas, nin sequera había liberdade social. ¿Por que querer ir? A enerxía é outra cousa. En certo sentido a música de Cranstoun ten un punto de museo: entrar a ver como soaban aquelas músicas das que só podemos ter noticia pola televisión, polos discos. A vantaxe da música sobre calquera outra reconstrución cultural é que sempre acaba por adaptarse ao tempo do espectador. Non é posible
Less
From Camilo Franco
Adobe PDF document
Pub. on Nov. 4th 2011
Pages: 1
Views: 2
Downloads: 0
La Voz de Galicia | Viernes, 4 de noviembre del 2011 | SANTIAGO | L7
Galicia é especialista en saltar
etapas.
Pasamos da revolución
agrícola á informática sen nada
polo medio.
Somos case unha
nación posindustrial sen industria.
Conseguimos ter as mellores redes cando desapareceron
os peixes e temos o mellor parque inmóbil de...
More
La Voz de Galicia | Viernes, 4 de noviembre del 2011 | SANTIAGO | L7 Galicia é especialista en saltar etapas. Pasamos da revolución agrícola á informática sen nada polo medio. Somos case unha nación posindustrial sen industria. Conseguimos ter as mellores redes cando desapareceron os peixes e temos o mellor parque inmóbil de vivendas habitadas polo silencio. Desocupadas para quen prefira as cousas como son. E as cousas como son en Galicia teñen dúas versións: desaparecidas ou baleiras. Dúas caras dese mesmo billete que debe estar agora nun banco alemán. Antes, para que algo fose arqueoloxía había un protocolo no que primeiro había algo, logo pasaba o tempo, moito tempo, logo quedaba un resto máis ou menos grande, e logo viñan os profesionais e investigaban, databan, discutían nos congresos e acababan musealizando un espazo para que chegara a xente e, en cinco minutos de mirar de esguello e catro fotos familiares, despacharan setecentos anos de historia. Pero en Galicia somos esp
Less
From Camilo Franco
Adobe PDF document
Pub. on Nov. 4th 2011
Pages: 1
Views: 6
Downloads: 0
«O tesouro», unha das pezas de Asorey.
ÁLVARO BALLESTEROS
L8 | SANTIAGO | Viernes, 16 de septiembre del 2011 | La Voz de Galicia
Tal como vai o mundo sería conveniente que a realidade non
existise.
Non se pode dicir que
exista, pero o mundo asume a
convención de que si, de que algunhas cousas son reais e outras
son ficción....
More
«O tesouro», unha das pezas de Asorey. ÁLVARO BALLESTEROS L8 | SANTIAGO | Viernes, 16 de septiembre del 2011 | La Voz de Galicia Tal como vai o mundo sería conveniente que a realidade non existise. Non se pode dicir que exista, pero o mundo asume a convención de que si, de que algunhas cousas son reais e outras son ficción. Sen embargo, a realidade asumida como ficción é moito mellor de entender. A crise económica, por exemplo, é máis fácil de entender se a explican como unha novela na que a ficción das bolsas manda sobre a realidade dos cartos. Francisco Asorey viviu nun tempo no que a realidade era un asunto indiscutible e a súa representación era igual de contundente. O escultor non puxo reparos a esa opción e, máis ben, entregouse a ela con entusiasmo minucioso. Quixo que a súa obra tivese o peso das cousas reais, que tivese a mesma capacidade de conmoción que a realidade ten. Pero a Asorey, como a tantos outros, pesoulles o exceso de verdade que o romanticismo deixou na cultu
Less
From Camilo Franco
Adobe PDF document
Pub. on Oct. 21st 2011
Pages: 1
Views: 3
Downloads: 0
VAI POR AÍ Por CAMILO FRANCO (camilofranco@lavoz.
es)
L12 | SANTIAGO | Viernes, 21 de octubre del 2011 | La Voz de Galicia
En xeral, hai dous tipos de rostros nun país.
Os que dan a cara e os que teñen cara.
Dar e ter
son cousas contrarias porque todo o que das deixas de telo.
Este é un concepto profundamente
capitalista e, polo...
More
VAI POR AÍ Por CAMILO FRANCO (camilofranco@lavoz. es) L12 | SANTIAGO | Viernes, 21 de octubre del 2011 | La Voz de Galicia En xeral, hai dous tipos de rostros nun país. Os que dan a cara e os que teñen cara. Dar e ter son cousas contrarias porque todo o que das deixas de telo. Este é un concepto profundamente capitalista e, polo tanto, evidentemente contemporáneo. Hai xente que pon a cara a diario e hai xente que só a sube ao facebook como se un álbum de fotos virtual fose o verdadeiro lugar do combate. Hai xente que pon a cara para cobrar e xa non necesita dala nunca máis porque os cartos son enganosos, como calquera banqueiro sabe, e cantos máis cobras máis sensación tes de que che pertencen e de que mesmo aínda che quedaron a deber. As caras dun país non son todas iguais aínda que os telexornais saquen sempre as mesmas. As caras dun país non valen todas o mesmo e xa sabemos que agora están moito mellor pagados aqueles que cometeron erros moi, moi grandes. Aqueles que enganar
Less
From Camilo Franco
Adobe PDF document
Pub. on Oct. 21st 2011
Pages: 1
Views: 24
Downloads: 0