«O tesouro», unha das pezas de Asorey.
ÁLVARO BALLESTEROS
L8 | SANTIAGO | Viernes, 16 de septiembre del 2011 | La Voz de Galicia
Tal como vai o mundo sería conveniente que a realidade non
existise.
Non se pode dicir que
exista, pero o mundo asume a...
More
«O tesouro», unha das pezas de Asorey.
ÁLVARO BALLESTEROS
L8 | SANTIAGO | Viernes, 16 de septiembre del 2011 | La Voz de Galicia
Tal como vai o mundo sería conveniente que a realidade non
existise.
Non se pode dicir que
exista, pero o mundo asume a
convención de que si, de que algunhas cousas son reais e outras
son ficción.
Sen embargo, a realidade asumida como ficción é
moito mellor de entender.
A crise económica, por exemplo, é
máis fácil de entender se a explican como unha novela na que
a ficción das bolsas manda sobre
a realidade dos cartos.
Francisco Asorey viviu nun
tempo no que a realidade era un
asunto indiscutible e a súa representación era igual de contundente.
O escultor non puxo reparos a esa opción e, máis
ben, entregouse a ela con entusiasmo minucioso.
Quixo que a
súa obra tivese o peso das cousas reais, que tivese a mesma
capacidade de conmoción que
a realidade ten.
Pero a Asorey,
como a tantos outros, pesoulles
o exceso de verdade que o romanticismo deixou na cultu
Less