AS PLANTAS Existe unha gran variedade de plantas. Todas teñen en común que fabrican o seu propio alimento, pero o seu aspecto pode ser moi distinto porque depende do medio no que viven. As partes dunha planta Para crecer, as plantas utilizan auga e...
More
AS PLANTAS Existe unha gran variedade de plantas. Todas teñen en común que fabrican o seu propio alimento, pero o seu aspecto pode ser moi distinto porque depende do medio no que viven. As partes dunha planta Para crecer, as plantas utilizan auga e substancias minerais dos solo, luz, e un gas do aire, o dióxi- do de carbono. Pero conseguilo non é tarefa fácil. A auga atópase no solo, polo que as plantas necesitan órganos para absorbela. Tamén teñen que captar a luz do sol, e para iso necesitan crecer e crear una estrutura que as sosteña. Todas estas necesidades fan que a mayoría das plantas posúan raíz, talo e follas. Que función ten cada una destas partes? Raíz. É o órgano que fixa a planta ao solo. Ab- sorbe a auga cos sales minerais disolvidos. Talo. É o órgano que sostén a planta e comunica as súas distintas partes a través de dous tipos de condutos: Os vasos leñosos conectan as raíces coas fo- llas. Os vasos liberianos conectan as follas con toda a planta. Follas. Son os órgan
Less