Hypatia de Alexandría Hypatia de Alexandría é considerada a primeira muller científica da historia. Nun tempo no que as mulleres non tiñan acceso ao saber, Hypatia conseguiu abrirse camiño na ciencia e chegar a ter un gran recoñecemento público. Para iso...
More
Hypatia de Alexandría Hypatia de Alexandría é considerada a primeira muller científica da historia. Nun tempo no que as mulleres non tiñan acceso ao saber, Hypatia conseguiu abrirse camiño na ciencia e chegar a ter un gran recoñecemento público. Para iso tivo que renunciar ao matrimonio e a súa faceta máis feminina. A súa vida: Naceu en Alexandría no ano 370 d.C. O seu pai, o filósofo e matemático Teón de Alexandría, propiciou que Hypatia recibise unha educación científica moi completa. O pai de Hypatia traballaba no Museo, unha institución creada por Tolomeo e adicada á investigación e ao ensino. Hypatia estudou no Museo, onde se formou como científica, traballou nel como profesora e incluso chegou a ser directora desa institución. Hypatia chegou a ser unha fabulosa científica e filósofa, pero este saber non era ben visto polo cristianismo, que identificaba ese saber co paganismo. Isto deu lugar a que un grupo de fanáticos relixiosos puxeran fin á súa vida, asasinándoa de xeito moi cr
Less