ELABORACIÓN DE MATERIAIS DIDÁCTICOS INTERACTIVOS 0. Introdución Desde a aparición da escrita fóronse conformado diversos formatos onde se recompilan os textos e outros materiais complementarios a eles. Isto é o que chamamos “publicación” e co paso dos anos,...
More
ELABORACIÓN DE MATERIAIS DIDÁCTICOS INTERACTIVOS 0. Introdución Desde a aparición da escrita fóronse conformado diversos formatos onde se recompilan os textos e outros materiais complementarios a eles. Isto é o que chamamos “publicación” e co paso dos anos, especialmente despois da invención da imprenta no século 15, practicamente a totalidade dos escritos de máis dunha folla foron evolucionando cara os formatos tipo libro ou xornal que coñecemos actualmente. Como diciamos, estas publicacións non constan só de texto, senón que se complementan moitas veces con contidos gráficos como miniaturas, debuxos, fotografías, etc. Na era dixital na que vivimos actualmente foi imprescindible crear uns formatos de publicación onde poidamos inserir os contidos complementarios ao texto cos que traballamos de decotío: vídeo, imaxes, ligazóns de Internet, etc. Como seguro que xa sabedes, estes formatos dixitais poderiamos denominalos “contedores” xa que en realidade compóñense de materiais dixitais de
Less