Neste ano de 2016 cúmprense 100 anos da fundación das Irmandades da Fala. A defensa de Galicia, da súa cultura e do seu idioma foron os eixos principais da súa actividade e a súa razón de ser.
A fundación das Irmandades da Fala xorde nun contexto social...
More
Neste ano de 2016 cúmprense 100 anos da fundación das Irmandades da Fala. A defensa de Galicia, da súa cultura e do seu idioma foron os eixos principais da súa actividade e a súa razón de ser.
A fundación das Irmandades da Fala xorde nun contexto social propenso aos cambios e en pleno declive do sistema político da Restauración. Os intentos por parte do goberno de implantar un drástico programa centralizador (tamén no plano ideolóxico) propician a aparición ou a reorganización dos movementos nacionalistas nas comunidades históricas do Estado. No caso galego, as Irmandades da Fala representan a evolución definitiva desde o primeiro galeguismo ao nacionalismo organizado como movemento político, e a súa creación veu ocupar o valeiro deixado pola desintegración de Solidaridad Gallega.
No Instituto Fermín Bouza Brey quixemos render homenaxe a este colectivo e ás persoas que formaron parte del, organizando unha serie de actividades para dar a coñecer esta parte da nosa historia, ás ve
Less