Introdución A expansión napoleónica espertara os sentimentos nacionalistas de moitos pobos de Europa. Ademais, o Congreso de Viena reordenou as fronteiras do continente europeo a prol dos imperios autocráticos como o turco ou o ruso, sen ter en conta a...
More
Introdución A expansión napoleónica espertara os sentimentos nacionalistas de moitos pobos de Europa. Ademais, o Congreso de Viena reordenou as fronteiras do continente europeo a prol dos imperios autocráticos como o turco ou o ruso, sen ter en conta a identidade nacional de pobos como o grego ou o belga. A Independencia de Bélxica E un repaso dos primeiros movementos nacionalistas Despois de quince anos, dende que o Congreso de Viena uniu a Bélxica con Holanda, formando así o Reino dos Países Baixos, Bélxica proclama a súa independencia. Os motivos aparecen pola expansión das ideas liberais. En 1828, os belgas liberais e os católicos unironse nun movemento exclusivamente nacionalista que buscaba a independencia. Pero non foi ata o estalido das revoltas en París cando se acenderon os ánimos nos Países Baixos. Os belgas saíron á rúa a manifestarse pedindo a separación, pero a reación monárquica foi brutal: o exército, encabezado polo príncipe Federico, atacou Bruxelas. Non obstante, os
Less