CAP. 1 OS PRESOCRÁTICOS. 1. Mitos e logos Na súa orixes, a voz mitos non entraba en oposición directa con logos pero durante Ilustración grega dos séculos IV e V a. d. C. comeza a xestarse a oposición entre o que van a significar un e outro. Isto acontece...
More
CAP. 1 OS PRESOCRÁTICOS. 1. Mitos e logos Na súa orixes, a voz mitos non entraba en oposición directa con logos pero durante Ilustración grega dos séculos IV e V a. d. C. comeza a xestarse a oposición entre o que van a significar un e outro. Isto acontece en virtude de que a razón, o denominado "discurso razoado" (que é o sentido que paulatinamente cobrará logos), xurdirá como resultado da crítica fronte ás crenzas relixiosas da época e aos relatos que as sustentaban. Esta crítica aos relatos sagrados foi posible pola ausencia de castas sacerdotais propiamente ditas e dun libro sagrado cuxa adecuada interpretación fose o saber dos sacerdotes. Mitos e logos, dous xeitos diferentes de entender o mundo, coexistían na cultura grega, como proba o feito de que Platón, o primeiro filósofo do que posuímos boa parte da súa obra escrita, apele frecuentemente ao relato tradicional (isto es, ao mito) nos seus diálogos filosóficos, cando alude a cuestións que non pode explicar mediante o logos. De
Less