BASES CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “VEN VER ISTO” MOSTRA A TÚA CONTORNA 1.- CONVOCATORIA O Concello de Vila de Cruces a través da Concellería de Educación e Cultura en colaboración co IES Marco do Camballón de Vila de Cruces, a través do seu servizo de...
More
BASES CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “VEN VER ISTO” MOSTRA A TÚA CONTORNA 1.- CONVOCATORIA O Concello de Vila de Cruces a través da Concellería de Educación e Cultura en colaboración co IES Marco do Camballón de Vila de Cruces, a través do seu servizo de biblioteca, convoca o concurso de fotografía: “VEN VER ISTO” MOSTRA A TÚA CONTORNA. Coa presentación dos traballos en base a esta convocatoria, os/as alumnos/as coñecen e aceptan o contido íntegro das presentes bases así como os resultados do concurso. 2.- OBXECTIVOS “VEN VER ISTO” MOSTRA A TÚA CONTORNA busca coñecer a mirada persoal que cada estudante ten a través da fotografía en relación cos espazos naturais ou patrimoniais do termo municipal de Vila de Cruces. Os obxectivos do concurso son: Desenvolver, por medio da fotografía, a capacidade de observación do contorno e a sensibilidade artística nos/nas estudantes. Fortalecer o vínculo da comunidade escolar co seu patrimonio e a natureza que o rodea e que sirva para o seu recoñecemento
Less