A Biblioteca Pública de Ourense, de titularidade estatal, é xestionada pola Xunta de Galicia (Consellería de Cultura, Educación e ordenación universitaria). É unha institución de carácter público e cultural. Fundouse por orde Ministerial o 17 de febreiro de...
More
A Biblioteca Pública de Ourense, de titularidade estatal, é xestionada pola Xunta de Galicia (Consellería de Cultura, Educación e ordenación universitaria). É unha institución de carácter público e cultural. Fundouse por orde Ministerial o 17 de febreiro de 1845. Instalouse na primeira planta do antigo convento de San Fernando (antiguo colexio dos xesuítas) na rúa Lamas Carvajal. Alí tamén se intalou o Instituto de Segunda enseñanza e Museo de pinturas. Os primeiros fondos da biblioteca consistían en máis de 12000 volumes procedentes das bibliotecas dos conventos da provincia: Melón, Celanova, oseira, San Clodio, Santo Domingo e San Francisco, desamortizados en 1836 por Mendizábal. En 1898 trasladouse a un edificio construído ao lado do Botánico (actual Instituto Otero Pedrayo) xunto co Instituto de Segunda Enseñanza, o Museo de pinturas que pasaría a ser Museo Provincial e a Escola de Artes e Oficios. O 8 de decembro de 1927 as salas da biblioteca e o museo ardían, salvándose apenas u
Less