Érguete polo ensino público galego.
20 de febreiro folga estudantil.
O 20 de febreiro todo o estudantado galego está chamado á saír á rúa para frear os
ataques contra o ensino público galego que está a levar a cabo o PP. Por medio da
Lei Orgánica de...
More
Érguete polo ensino público galego.
20 de febreiro folga estudantil.
O 20 de febreiro todo o estudantado galego está chamado á saír á rúa para frear os
ataques contra o ensino público galego que está a levar a cabo o PP. Por medio da
Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) o PP quere facernos
retroceder ao modelo educativo do franquismo, privatizar o ensino e acabar co seu
carácter público, universal e gratuíto.
A LOMCE impón até 4 reválidas para segregar e expulsar da educación á maioría
do alumnado: o PP estabelece exames de carácter estatal aos 8, 11, 15 e 18 anos,
coincidindo co remate das etapas educativas, provocando a separacións d@s estudantes
en función das súas cualificacións. Polo tanto, elimínase a avaliación continua e o papel
de inclusión e igualdade social do ensino, para transformalo nunha educación elitista e
clasista.
O PP privatiza e destrúe o ensino público: Discrimínase
o acceso á educación das familias con menos recursos,
recortando e
Less