BNG DO PORRIÑO – NOTA DE PRENSA
O BNG do Porriño pide ao goberno local menos
propaganda e máis compromisos en materia de
saneamento
Os nacionalistas critican a falta de compromiso do goberno do PP para que o saneamento
chegue a todos os barrios e parroquias...
More
BNG DO PORRIÑO – NOTA DE PRENSA
O BNG do Porriño pide ao goberno local menos
propaganda e máis compromisos en materia de
saneamento
Os nacionalistas critican a falta de compromiso do goberno do PP para que o saneamento
chegue a todos os barrios e parroquias do Porriño
O Porriño, a 3 de xullo de 2013.
O BNG do Porriño esixe o goberno de Nelson Santos un maior
esforzo en materia de saneamento nun concello onde hai unha maioría de vivendas que non contan con
conexión á rede de saneamento.
Pola contra, o goberno do PP está a empregar estes esforzos nunha
campaña propagandística, dando a coñecer a depuradora de Guillarei a distintos colectivos veciñais.
O PP mantén paralizadas moitas conexións pendentes co colector central do río Louro da extensa rede de
saneamento executada durante os anos de goberno do BNG.
De ter o Concello vontade de executar estas
conexións, daríase servizo a moitas vivendas do municipio que poderían así comezar a verter na rede as
súas augas fecais.
Tal é o caso
Less