BNG CHENLO 2015 A parroquia de Chenlo segue a ser marxinada e esquecida polo desinterese do actual goberno. Durante os últimos anos, nada se fixo por mellorar a entidade local menor. O alcalde pedáneo nin apareceu nin se preocupou pola parroquia. Por esa...
More
BNG CHENLO 2015 A parroquia de Chenlo segue a ser marxinada e esquecida polo desinterese do actual goberno. Durante os últimos anos, nada se fixo por mellorar a entidade local menor. O alcalde pedáneo nin apareceu nin se preocupou pola parroquia. Por esa razón, o BNG preséntase cun proxecto que quere escoitar, que responde as demandas das veciñas e vecinos de Chenlo. Estas son as liñas centrais da nosa proposta electoral. 1. Máximo aproveitamento do monte- A riqueza dos nosos montes está a ser desaproveitada por falta de políticas e dun mellor ordenamento do territorio. Non só temos riqueza forestal. Queremos incentivar o uso de terreos para a gandería e mellorar o ecosistema para facelo máis produtivo e máis sostible. Esixiremos á Xunta que reinvirta na parroquia os fondos que obtén do noso monte. 2. Impulsar a Casa Cultural- Somos a única parroquia da contorna que ten paralizada a Casa Cultural. Apostamos por poñela en marcha para incentivar iniciativas culturais e cursos que poidan
Less