- Establecer programas de reciclaxe ante a detección de malos resultados. - Superar a antiga concepción da avaliación como único control. Modalidades - Avaliación inicial, que facilita a valoración dos coñecementos previos, as capacidades e as actitudes do...
More
- Establecer programas de reciclaxe ante a detección de malos resultados. - Superar a antiga concepción da avaliación como único control. Modalidades - Avaliación inicial, que facilita a valoración dos coñecementos previos, as capacidades e as actitudes do alumnado, co obxecto de adecuar o proceso de ensino-aprendizaxe á realidade das súas posibilidades. - Avaliación formativa continua, que pretende coñecer se se van logrando os obxectivos propostos, cando aínda se pode intervir modificando o camiño para conseguilos; é dicir, avaliación do proceso e como proceso. Este tipo de avaliación ten un especial carácter regulador, orientador e autocorrector do proceso educativo desde o seu comezo, o que require unha avaliación inicial previa. - Avaliación sumativa, que estima os méritos ao finalizar o currículo (máis cuantitativa), na que se valora, sobre todo, o dominio das capacidades adquiridas; isto é, avaliación do resultado. Principios - Que sexa un medio, non un fin en si mesma. - Que co
Less