ñ) O tránsito desde a formación de conceptos e a aplicación de procedementos á construción de hábitos e á definición de actitudes, que culmine a consolidación de valores e o respecto polas normas. o) 0 contacto escola-familia como marco afectivo-efectivo de...
More
ñ) O tránsito desde a formación de conceptos e a aplicación de procedementos á construción de hábitos e á definición de actitudes, que culmine a consolidación de valores e o respecto polas normas. o) 0 contacto escola-familia como marco afectivo-efectivo de relacións e, por extensión, de toda a comunidade educativa. Agrupamento do alumnado. 0 agrupamento do alumnado é unha esixencia da diversidade e un indicador da autonomía do centro, e ten como finalidade garantir que todo o alumnado aprenda e consiga os obxectivos educativos marcados. A diversidade de agrupamentos proporciona unha mellor explotación das actividades escolares e constitúe un instrumento de adecuación metodolóxica ás necesidades do alumnado. Os criterios de distribución do alumnado por aulas son moi diversos e deben ter en conta aspectos como o punto de partida dos alumnos ao chegaren ao inicio do ciclo e de cada curso, as peculiaridades educativas do centro e a natureza da área ou actividade. Estes son os criterios má
Less