Cae a actividade económica e medran as
desigualdades sociais.
Os datos da evolución do Produto Interior Bruto (PIB), no ano 2013
desautorizan tódolos comentarios triunfalistas que nos últimos tempos nos
teñen acostumados os nosos gobernantes.
Non so o PIB...
More
Cae a actividade económica e medran as
desigualdades sociais.
Os datos da evolución do Produto Interior Bruto (PIB), no ano 2013
desautorizan tódolos comentarios triunfalistas que nos últimos tempos nos
teñen acostumados os nosos gobernantes.
Non so o PIB sufriu un novo retroceso, senón que este foi superior ó estimado
para o ano 2012; rematou 2013 en Galicia cunha caída da actividade do 1,1%
con respecto ó ano anterior, cando en 2012 o PIB retrocedera un 0,9%; é certo
que nos dous últimos trimestres do ano non houbo caída ( medrou un 0,1%),
pero os datos non dan para o optimismo.
Por ramas de actividade, salvo a produción industrial que se incrementou un
1,9%, o restos remataron o ano con menor produción que o ano anterior,
destacando novamente a forte caída na actividade construtora de máis dun 4%.
Esta caída vén provocada polo retroceso da demanda interna, xa que a
demanda externa continúa tendo unha evolución positiva. O peso da demanda
interna no PIB baixou 12 puntos porcentuais d
Less