Grupo Municipal do BNG Concello de Ares Avda. Saavedra Meneses, 12. CP: 15624 ARES Teléfono/Fax: 981 468673 correo: bng@concellodeares.com MOCIÓN DE OPOSICIÓN Á LOMCE E ÁS SÚAS REVÁLIDAS O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, ao abeiro da...
More
Grupo Municipal do BNG Concello de Ares Avda. Saavedra Meneses, 12. CP: 15624 ARES Teléfono/Fax: 981 468673 correo: bng@concellodeares.com MOCIÓN DE OPOSICIÓN Á LOMCE E ÁS SÚAS REVÁLIDAS O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, ao abeiro da lexislación vixente, presenta, para o seu debate no Pleno da Corporación, a seguinte Moción EXPOSICIÓN DE MOTIVOS A aplicación da LOMCE consagra cuestións totalmente negativas para o sistema educativo por ser fondamente centralizadora, clasista e sexista, mercantilizar a educación e afondar nun modelo moito máis autoritario e antidemocrático. Cómpre lembrar que xa a súa elaboración foi sen diálogo social e sen participación da comunidade educativa, das asociacións que representan os diferentes colectivos implicados e con grande oposición social e política. Ademais, a LOMCE representa un ataque frontal ás competencias das comunidades autónomas e supón unha involución inadmisíbel ao negar a realidade plurilingüe, pluricultural e plurinacional
Less