REGULAMENTO da ASEMBLEA NACIONAL CONSTITUÍNTE:
Da participación na Asemblea Nacional Constituínte
Artigo 1
Teñen dereito a participar na Asemblea Nacional Constituínte todas as persoas
recoñecidas pola súa Asemblea de centro, local, comarcal ou de...
More
REGULAMENTO da ASEMBLEA NACIONAL CONSTITUÍNTE:
Da participación na Asemblea Nacional Constituínte
Artigo 1
Teñen dereito a participar na Asemblea Nacional Constituínte todas as persoas
recoñecidas pola súa Asemblea de centro, local, comarcal ou de campus, que acaten os
principios ideolóxicos e organizativos básicos acordados na Asemblea Preconstituinte.
Non poderá participar da Asemblea Nacional Constituínte quen participe noutra
organización estudantil de carácter político.
As asembleas de campus (no caso do ensino universitario) e as asembleas locais e
comarcais (no caso do ensino medio) remitirán o censo de asembleístas antes do día 19
de marzo.
O prazo para a corrección de erros será até o 22 de marzo.
Artigo 2
Onde non exista asemblea de campus, local ou comarcal, poderán participar as persoas
recoñecidas pola máis próxima xeograficamente.
Neste sentido, e de xeito provisorio
durante o proceso preasemblear, constituirase unha Asemblea de Universidade unindo
Less