20011 adica as súas Letras a Lois Pereiro
Lois Pereiro naceu en Monforte de Lemos no ano 1958.
Con dezasete anos marchou a
Madrid para continuar os seus estudos e alí fundou, xunto con Antón Patiño, Xosé Manuel
Pereiro e Manuel Rivas, a revista Loia, que...
More
20011 adica as súas Letras a Lois Pereiro
Lois Pereiro naceu en Monforte de Lemos no ano 1958.
Con dezasete anos marchou a
Madrid para continuar os seus estudos e alí fundou, xunto con Antón Patiño, Xosé Manuel
Pereiro e Manuel Rivas, a revista Loia, que só coñecería catro números (o último de 1978).
Nesta
publicación apareceron poemas do escritor monfortino que posteriormente serían recollidos en
Poemas para unha loia (1996) —libro en que se inclúe o ensaio "Modesta proposición para
renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia", que fora dado
a coñecer ese mesmo ano nas páxinas da revista Luzes de Galiza.
De regreso ao país, Pereiro figurou nas antoloxías colectivas recollidas baixo os títulos De
amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985), compilacións en que figuran nomes como
Pilar Pallarés, Miguel Anxo Fernán-Vello, Manuel Rivas, Xavier Seoane, Francisco Salinas, Xulio
Valcárcel, Lino Braxe e outros poetas de moi diferentes tende
Less