BloqueComarca Ferrolterra
Número 2.
Epoca 1ª / Xaneiro 2010
Impreso postal sen enderezo
A nosa comarca ten a día de hoxe a
cifra de paro máis alta dos últimos
anos, o que supón un tremendo
drama humano e social que está levando a moitas...
More
BloqueComarca Ferrolterra
Número 2.
Epoca 1ª / Xaneiro 2010
Impreso postal sen enderezo
A nosa comarca ten a día de hoxe a
cifra de paro máis alta dos últimos
anos, o que supón un tremendo
drama humano e social que está levando a moitas persoas a situacións
límite.
A retirada da axuda dos 426
euros polo goberno do PSOE e o desmantelamento dos servizos públicos
de benestar e sanidade pola Xunta
do PP só serven para empeorar esta
situación.
Por riba, este incremento
do paro -entre outros efectos - tamén
provoca unha importante perda de
poboación (sobre todo moza), que
marchan buscar traballo noutros territorios.
O BNG non ficou nin ficará calado
ante esta situación e chamamos a
todos e todas á mobilización social.
Tanto o Goberno do Estado como a
Xunta, argumentan que esta situación é produto da crise global na
que estamos inmersos; agachando,
no entanto, que na nosa comarca os
efectos nocivos da crise veñen p
Less