Número 22 Xullo 2009
Verbo
XidoAsociación Ecoloxista e Cultural da Terra de Montes
C A M I Ñ O D O P O U S O , 2 * 3 6 .
5 6 0 S O U T E L O D E M O N T E S
BOLETÍN INFORMATIVO DE ECOLOXÍA E CULTURA DA TERRA DE MONTES
e-mail : verboxido@yahoo.
es / Web :...
More
Número 22 Xullo 2009
Verbo
XidoAsociación Ecoloxista e Cultural da Terra de Montes
C A M I Ñ O D O P O U S O , 2 * 3 6 .
5 6 0 S O U T E L O D E M O N T E S
BOLETÍN INFORMATIVO DE ECOLOXÍA E CULTURA DA TERRA DE MONTES
e-mail : verboxido@yahoo.
es / Web : www.
cetmo.
info
Longa noite de Pedre
Aos mártires cerdedenses
Aos valedores da súa causa
amanheceu raso na Ponte do Barco,
no antigo quilómetro 74 da estrada de Ourense.
amanheceu, e un bando-paxaro de luz
encandeou a longa noite de Pedre.
bailou o sol coma nun sanxoán adoecido
e no efémero intre do feitizo,
unha arca ateigada de bugalhos baleirara na valinha
a súa carga atómica.
a vaga expansiva abuxardou os muros das igrexas,
os xugos tornáronse torques de ouro tribo
e as frechas, ferróns hipodérmicos cos que chuzar
nas nádegas pensantes.
amanheceu surado na Ponte do Barco,
no antigo quilómetro 74 da estrada de Ourense.
amanheceu, e o ceo derrafado en po de auga
axinha deveu en mesto dioivo.
foi tamanha a chea que o maino río
Less