CARMIÑA, CARMELA
Ó son da miña gaitita
ás nenas hei de levar(e)
as tontiñas sonche elas,
que se deixan engañar(e).
Ven bailar Carmiña, Carmiña, Carmela,
con zapato baixo e media de seda,
con media de seda e media calada,
ven bailar Carmiña miña...
More
CARMIÑA, CARMELA
Ó son da miña gaitita
ás nenas hei de levar(e)
as tontiñas sonche elas,
que se deixan engañar(e).
Ven bailar Carmiña, Carmiña, Carmela,
con zapato baixo e media de seda,
con media de seda e media calada,
ven bailar Carmiña miña namorada.
Os zapatos piden medias,
as medias piden zapatos,
e as rapaciñas de agora
piden rapaciños guapos.
Aí che vai meu corazón,
se o queres matar ben podes,
pero como ti vas dentro,
se o matas tamén ti morres.
Less