DEVESA
Lúa, lúa, lúa,
lúa branca,
bidueiros de prata,
flor de auga.
Canta lúa, canta
na Devesa encantada;
baila, baila, baila,
bidueiriño das brañas.
Polo camiño do soño
ía Xosé de Parada
seguindo os pasos dos lobos
pola serra que se alarga.
CAMIÑO
Ten...
More
DEVESA
Lúa, lúa, lúa,
lúa branca,
bidueiros de prata,
flor de auga.
Canta lúa, canta
na Devesa encantada;
baila, baila, baila,
bidueiriño das brañas.
Polo camiño do soño
ía Xosé de Parada
seguindo os pasos dos lobos
pola serra que se alarga.
CAMIÑO
Ten cada home un camiño,
chegan uns e outros non;
cada ser ten un destino,
cadaquén baila ao seu son.
Vai pola serra o camiño
afastándose do val,
no río roda o muíño,
medra arriba o queirogal.
Camiño meu, meu destino,
busco nos outros razón,
cruzo a vida vagariño
entregando o corazón.
RÍO
Demorado en relanzos,
veloz sobre as fervenzas,
o río sempre vai e sempre chega.
É manancial de canto,
espello de luz
e sucesión de sombras.
Vaise o tempo con el,
vaise nas augas
a se fundir nun mar
de ondas e de salga.
Vaise
e nós imos tamén
compartindo as lembranzas.
Less