N on hai causa sen suxeito. A liberación nacional de Galiza non é disociábel da emancipación social das súas clases traballadoras, e singularmente da obreira, que hoxe constitúen a súa incontestábel maioría social. Así o visa a proclamación do Estado Galego...
More
N on hai causa sen suxeito. A liberación nacional de Galiza non é disociábel da emancipación social das súas clases traballadoras, e singularmente da obreira, que hoxe constitúen a súa incontestábel maioría social. Así o visa a proclamación do Estado Galego da que se veñen de cumprir 84 anos. Un feito simbólico con orixe nun duro e prolongado conflito social, que ten o seu celme na folga dos operarios contratados para a construción do camiño de ferro entre Zamora-Ourense-A Coruña, que se valeu ademais do novo contexto aberto após a proclamación da república o 14 de abril de 1931. O acontecido en Compostela o 27 de xuño de 1931, e que decorreu tamén noutros lugares da nosa nación, foi posíbel polo empurre dun emerxente pero potente movemento obreiro. Feitos que visan que as camadas populares e particularmente a clase obreira non eran nesa altura refractarias, nin moito menos alleas ou indiferentes, ao feito nacional galego. Daquel efémero Estado Galego cómpre tirarmos esa aprendizaxe hi
Less