29
PROXECTOTERRAMATERIAL PARA O PROFESORADO ARQUITECTURA POPULAR
AS CONSTRUCIÓNS ANÓNIMAS COMO
INSEPARABLE PARTE DA ARQUITECTURA
Se admitimos, como fixemos na primeira das nosas
unidades didácticas, que o espazo constitúe o ámbito
no que o home se relaciona...
More
29
PROXECTOTERRAMATERIAL PARA O PROFESORADO ARQUITECTURA POPULAR
AS CONSTRUCIÓNS ANÓNIMAS COMO
INSEPARABLE PARTE DA ARQUITECTURA
Se admitimos, como fixemos na primeira das nosas
unidades didácticas, que o espazo constitúe o ámbito
no que o home se relaciona co seu medio, facendo
que o seu universo existencial se estableza en función da
relación flutuante que existe entre os espazos exteriores
e interiores nos que se desenvolve a súa actividade,
deberemos, en primeiro lugar, fixar a nosa atención nunha
arquitectura durante moito tempo esquecida como tal,
por considerala allea a calquera tradición académica.
Unha arquitectura da que podemos extraer fundamentais
ensinanzas no referente ao uso da racionalidade na
definición dunha evolución espacial e construtiva.
Os grandes mestres da arquitectura do século XX
encargáronse, así, de recordarnos que, xunto ás distintas
mostras procedentes de cada un dos grandes movementos
históricos, podemos encontrar un sen fin de pequenas
arquitecturas anóni
Less