L8 | SANTIAGO | Jueves, 10 de marzo del 2011 | La Voz de Galicia
VAI POR AÍ Por CAMILO FRANCO (camilo.
franco@lavoz.
es)
Todas as cousas están cubertas
por algo.
Se nos cobren a nós é
protección.
Se cobren aos demais é ameaza.
Os humanos nacemos espidos...
More
L8 | SANTIAGO | Jueves, 10 de marzo del 2011 | La Voz de Galicia
VAI POR AÍ Por CAMILO FRANCO (camilo.
franco@lavoz.
es)
Todas as cousas están cubertas
por algo.
Se nos cobren a nós é
protección.
Se cobren aos demais é ameaza.
Os humanos nacemos espidos e, a partir daí, todo é cubrirse.
Cubrimos o corpo, cubrimos as intencións e
cubrimos as ideas.
É a estratexia dunha especie insegura que
centra na defensa todas as súas
xustificacións.
Unha especie que
transformou o mandato xenético
da supervivencia nun outro que
di vivir dominando todo.
Humanos über alles.
Que discutamos polo veo é
outra demostración que as estratexias defensivas son tremendamente miopes.
Discutir pola vestimenta ten un principio
igualitario que, nos inicios da
discusión, o mesmo aínda non
se confunde co igualitarismo,
pero que a medida que avanza vai marcando esa deriva que
acaba en que si vives aquí vistes así.
Parece inocente, pero se
cambiamos o verbo á frase veremos que está cargada dun poderío elemental
Less