José de Sousa Saramago (Azinhaga, Santarém,
Portugal, 16 de novembro de 1922 - Tías, Las Palmas,
España, 18 de xuño de 2010) foi un escritor, xornalista e
dramaturgo portugués.
➢ Os seus pais foron José de Sousa e Maria da Piedade,
unha parella campesiña...
More
José de Sousa Saramago (Azinhaga, Santarém,
Portugal, 16 de novembro de 1922 - Tías, Las Palmas,
España, 18 de xuño de 2010) foi un escritor, xornalista e
dramaturgo portugués.
➢ Os seus pais foron José de Sousa e Maria da Piedade,
unha parella campesiña de escasos recursos económicos.
Esta orixe humilde marcaría profundamente o carácter e a
tendencia político-teórica do escritor.
➢ O apodo da familia paterna era Saramago.
El tiña que chamarse José Sousa, pero por un erro o por
unha broma, o funcionario do rexistro civil anotouno coma
José «Saramago».
➢ No ano 1925, a familia de Saramago mudouse a
Lisboa.
➢ No 1934 entrou nunha escola industrial, pero non
puido rematar os seus estudos por falta de cartos e tivo que
pórse a traballar nunha
ferrería metálica.
Mentres tanto, leuse canto libro había na
biblioteca pública do seu barrio, onde coñece ós clásicos da
literatura.
Less