Queridos Reis Magos:
Este ano queremos pedirvos libros , libros e libros para a nosa biblioteca, para os nosos amigos ,
familiares e alumnos.
Moitos deles teñen clarísimo o que lles gusta pero, para os que están
abertos a novas suxestións, estas son as...
More
Queridos Reis Magos:
Este ano queremos pedirvos libros , libros e libros para a nosa biblioteca, para os nosos amigos ,
familiares e alumnos.
Moitos deles teñen clarísimo o que lles gusta pero, para os que están
abertos a novas suxestións, estas son as nosas propostas:
PARA OS MÁIS NOVOS:
Sam Llewellyn :Los hermanos Darling é unha novela disparatada, chea de
dobres sentidos e ironía.
Os protagonistas, tres refinados nenos ricos
tremendamente intelixentes, asócianse cun grupo de ladróns irrompendo nun
mundo onde os adultos aparecen como ridículos, mesquiños, caprichosos e
grotescos.
É un libro para rir con ganas e continuar con Los forajidos Darling
e Los terribles Darling.
J.
R.
R.
Tolkien: Cartas de Papa Noel.
Durante
moito tempo Tolkien fixo chegar a aos seus fillos
unhas cartas nas que facía real a Papa Noel.
Coidaba todos os detalles: selos do Polo Norte, debuxos ilustrando as
súas aventuras, letra tremente dun anciá que pasa moito frío…Elfos,
gnomos
Less