PÍRAMO E TISBE OVIDIO, Metamorfosis, IV, vv.
55-165
PÍRAMO E TISBE.
Píramo e Tisbe, moi bo mozo el, ela a rapaza máis fermosa de todas as de
Oriente, vivían en casas veciñas onde contan que Semíramis cinguiu con muros
de adobe a prominente cidade.
A...
More

A veciñanza fixo que se coñecesen e se
achegasen entre eles, o amor creceu co tempo.
A eles gustaríalles xuntarse por
lei pero prohibíronllo os país; non puideron apagar o lume que ardía por igual
nos dous corazóns cativos.
Non teñen ningún confidente; falan por acenos e sinais, e canto máis se oculta
máis arde o lume.
Había una fenda na parede medianeira das dúas casas, que
era un defecto de construción; este defecto, pese ós moitos anos, pasara
desapercibido a todos, (¡que non descubre o amor!): “vístela vós primeiro,
amantes, e fixéstela camiño da vosa palabra e así, cada día, cruzaban seguros
os vosos cariños nun tenue murmurio”.
Moitas veces, cando, dunha e outra parte da parede, cada un deles percibira o
alento dos seus labios, di
Less