Ponteareas, 4 de xuño de 2013
“Instamos ao goberno do PP no concello, a Solla e Sampedro, a ampliar o horario da biblioteca
para utilizala como sala de estudo”
Galiza Nova reclama ampliar o horario da biblioteca en
época de exames para cubrir as necesidades...
More
Ponteareas, 4 de xuño de 2013
“Instamos ao goberno do PP no concello, a Solla e Sampedro, a ampliar o horario da biblioteca
para utilizala como sala de estudo”
Galiza Nova reclama ampliar o horario da biblioteca en
época de exames para cubrir as necesidades da
mocidade
Galiza Nova insta ao goberno local do Partido Popular a ampliar o horario de apertura da
Biblioteca Municipal para apoiar o estudantado nestas datas de exames.
Desde Galiza
Nova indican que o horario de apertura da biblioteca durante a fin de semana -sábados de
11 a 14 horas- resulta claramente insuficiente e hai demanda social para ampliar o horario
para a súa utilización como sala de estudo.
O Responsábel Local de Galiza Nova, Miguel Bouzó, indicou que “instamos ao goberno do
PP no concello de Ponteareas, a Solla e Sampedro, a ampliar o horario da biblioteca para
utilizala como sala de estudo”.
“O estudantado xa ten transmitido esta demanda en anos
anteriores e manifestado o seu malestar polo nulo interese do gobern
Less