Tese organizativa
Reactivar zonas
Unha eiva que levamos arrastrando moito tempo é a incapacidade de que só en Compostela se
consolidara unha Asemblea de Mulleres polo tanto as actividades realizadas por esta solápanse
coas da Asemblea Nacional de Mulleres....
More
Tese organizativa
Reactivar zonas
Unha eiva que levamos arrastrando moito tempo é a incapacidade de que só en Compostela se
consolidara unha Asemblea de Mulleres polo tanto as actividades realizadas por esta solápanse
coas da Asemblea Nacional de Mulleres.
Temos que ter un traballo real no resto das zonas e isto só é posible cunha verdadeira
comunicación coas integrantes das outras zonas, sabendo que campañas e actividades lles
gustaría facer e potencialas dende a ANM.
A principal función da responsable da ANM será a coordinación das diferentes zonas do país,
facendo todo o posíbel para que exista unha comunicación efectiva e constante entre as mesmas.
Só deste xeito se poderán sacar adiante verdadeiras campañas nacionais. Así mesmo, deberá
convocar unha Asemblea Nacional de Mulleres como mínimo unha vez ao mes, facilitando, na
medida do posíbel, a asistencia da meirande parte das compañeiras.
Autocrítica do traballo
Neste último ano o traballo da Liga Estudantil Galega a nivel naciona
Less