VINTE NÚMEROS
No mes de xuño de 2002 saía do prelo o primeiro número do boletín “Verbo Xido”. Nacía do
interese dos membros da Asociación en dispoñer dun soporte no que amosar as actividades que
levaban a cabo. Co tempo fóronse incluíndo artigos e...
More
VINTE NÚMEROS
No mes de xuño de 2002 saía do prelo o primeiro número do boletín “Verbo Xido”. Nacía do
interese dos membros da Asociación en dispoñer dun soporte no que amosar as actividades que
levaban a cabo. Co tempo fóronse incluíndo artigos e traballos de investigación que pasaron a converter
aquelas catro páxinas sen pretensión nun referente cultural.
Coa publicación do número 20 remata unha etapa plena de realizacións, pero insatisfactoria por
canto aínda quedan moitos proxectos por sacar adiante. Proxectos que, amais das dificultades
inherentes aos mesmos, ten outras engadidas por inercias que se moven en sentido contrario aos
desexos da asociación, e que entenden a cultura nun sentido populista e absolutamente baleiro de
contidos.
Porque a Cultura con maiúsculas é liberadora, abre as mentes e crea cidadáns críticos co poder
en todas as súas manifestacións. E iso sempre supón un serio perigo para determinados elementos que
manteñen actitudes reaccionarias e caciquís
Less