CATULO: AMORES QUE MATAN.
(Selección poemas)
Tradución: José M.
Otero .
I.
E.
S.
SanTomé de Freixeiro.
Vigo Páxina 1
CATULO: Verona, 85-54 a.
C.
51: PAIXÓN DE AMANTE
O afortunado paréceme un deus,
se os deuses mo permiten, avantáxaos,
o que sentando...
More
CATULO: AMORES QUE MATAN.
(Selección poemas)
Tradución: José M.
Otero .
I.
E.
S.
SanTomé de Freixeiro.
Vigo Páxina 1
CATULO: Verona, 85-54 a.
C.
51: PAIXÓN DE AMANTE
O afortunado paréceme un deus,
se os deuses mo permiten, avantáxaos,
o que sentando diante túa te mira e te escoita
rir docemente; iso a min, coitado, prívame
dos sentidos; pois foi verte,
Lesbia, e quedarme
mudo,
a lingua paralízase, unha chama tenue
avivece polo meu corpo, cun chío agudo
tintinan os oídos, unha dobre noite
anubra os meus ollos.
O ocio, Catulo, non che senta,
co ocio excítaste e desacougas;
o ocio botou a perder antes reis e
cidades ricas.
2: COITAS DE AMOR
Paxaro, delicias da miña amada,
co que ela xoga, aniñándoo no seo,
ó que cando peteira lle dá a xema do dedo
e lle provoca agudos petiscos,
cando ó meu ardente corazón
non sei que capricho e alivio
da súa dor lle dar,
certo, para apagar esta ardentía mortal.
¡Podería xogar contigo como ela
e aliviar as coitas do meu triste ánimo!
86: ¡LESBIA ,
Less