SAÚDA DA COMISIÓN DE FESTAS
Este ano non é sinxelamente un ano máis, este ano a nosa festa cumpre trinta
anos e estamos orgullosos/as de poder seguir celebrando a exaltación deste gran
produto como é o viño da Ulla.
Porque aínda que os máis vellos digan...
More
SAÚDA DA COMISIÓN DE FESTAS
Este ano non é sinxelamente un ano máis, este ano a nosa festa cumpre trinta
anos e estamos orgullosos/as de poder seguir celebrando a exaltación deste gran
produto como é o viño da Ulla.
Porque aínda que os máis vellos digan que a mocidade
non sabe beber porque beben “cubatas” e que só usan o viño para facer “calimocho”,
isto non é totalmente certo, sempre hai quen aprecie o bo viño, independentemente
da idade.
Hoxe, máis ca nunca, o viño gañou moita importancia e apreciación en ámbitos
moi diversos, coma por exemplo no ámbito turístico e no sanitario.
No referido ó
ámbito turístico, púxose de moda un novo xeito de facer turismo: o enoturismo, un
turismo adicado a visitar unha zona, neste caso, Galicia, para saborear os seus viños,
visitar as bodegas e viñedos, asistir a tratamentos de viñoterapia, participar en rutas
do viño, etc.
(coma os que van a O Porto ver as bodegas e catar o seu viño, ou á
Toscana, pero esta vez tócanos a nós, ós viños galegos).
Less