Revista A Moa nº 23 - Primavera do 2007
6 pages
Published by
bngcarnota
Copyright :
All rights reserved
Voceiro LLocal dde BBNG ee GGaliza NNova dde CCarnota ~~ MMaio 22007 ~~ NN° 223
Tamén estamos na rede! www.
bng-galiza.
org/carnota www.
bng-carnota.
blogspot.
com
Para que Carnota
siga avanzando
O novo cabeza de lista do BNG de...
[More]
Voceiro LLocal dde BBNG ee GGaliza NNova dde CCarnota ~~ MMaio 22007 ~~ NN° 223
Tamén estamos na rede! www.
bng-galiza.
org/carnota www.
bng-carnota.
blogspot.
com
Para que Carnota
siga avanzando
O novo cabeza de lista do BNG de Carnota
naceu en Lira no seo dunha familia labrega e mariñeira.
Amosando unha enorme capacidade de sacrificio e afán de superación das adversidades, mesmo
foi quen completar a súa formación en Asturias con
axuda dunha beca, e licenciouse en Empresariais na
Universidade de Santiago de Compostela.
Hoxe en día, con 39 anos, casado e con dous
fillos, traballa como Axente de Emprego e
Desenvolvemento Local no concello de Dumbría,
mais xa antes o fixera no de Carnota.
Tamén ocupou
o cargo de concelleiro nacionalista entre os anos
1999 e 2003, desde o que desempregou un formidábel traballo, que destacou por riba de todo por conseguir marcar as liñas mestras da Concellería de
Economía e Facenda durante os seguintes anos, e co
que se acadou sacar o concello dunha situación case
ruinosa herdada do PP, ata o punto de estar, hoxe en
día, unha situación de saneamento económico tal
que convirte a Carnota no maior concello da zona
en investimentos.
Este cúmulo de experiencias
lévano a ser unha persoa totalmente coñecedora do
funcionamento dun concello, tanto a nivel político
como a nivel interno e de xestión.
Por outra parte, tampouco podemos esquecer a
súa total implicación desde sempre nos movementos
asociativos veciñais de todo tipo, caracterizándose
nese senso por unha máxima capacidade de diálogo e por ter en conta en todo momento a opinión
da xente que o rodea, sobre todo á hora de plantexarse proxectos.
Toda esta capacidade de implicación coa
sociedade tamén a demostrou políticamente
mediante o seu traballo no BNG, organización na
que militou desde sempre e na que desempregou
unha espectacular serie de funcións, exercendo na
actualidade e desde hai dous anos a tarefa de responsábel local do BNG de Carnota.
Nestas eleicións non só vos presentamos unha
persoa veciña e traballadora, senón tamén un claro
exemplo dalguén que se fixo a si mesmo: Para nós,
Tomás non é o novo candidato, senón que é o
mellor candidato para encabezar a renovación do
BNG de Carnota.
Unha renovación áxil e modélica,
sinal dunha maduración política da que unha vez
máis somos un claro exemplo.
Tomás é un vello amigo de todos e un inmellorábel compañeiro, unha persoa accesíbel, moi
próxima, preparada e cunha gran experiencia
política e veciñal.
Por todo isto sabemos que esta
será tamén a opción ideal para os veciños de
Carnota, pero sobre todo sabemos que a súa labor
neste novo reto que agora afronta non vai deixar
indiferente a ninguén.
>> TOMÁS FREIRE, O NOSO CANDIDATO
>> AQUÍ ESTÁ O BNG!
[Less]
Insert a miniCalaméo on your website or your blog