Revista A Moa nº 20 - Primavera do 2004 (I)
8 pages
Published by
bngcarnota
Copyright :
All rights reserved
Aumentar a nosa representación nas
Cortes Xerais do Estado será a mellor garantía
para defender os nosos intereses.
Durante os
derradeiros 4 anos os nosos deputados Carlos
Aymerich, Paco Rodríguez e Guillerme
Vazquez estiveron en...
[More]
Aumentar a nosa representación nas
Cortes Xerais do Estado será a mellor garantía
para defender os nosos intereses.
Durante os
derradeiros 4 anos os nosos deputados Carlos
Aymerich, Paco Rodríguez e Guillerme
Vazquez estiveron en contacto directo co
goberno do Concello, para axudar a sacar
adiante os proxectos que dependían das
administracións estatais.
Aumentando a nosa representación
poderiamos estar en condicións de decidir o
futuro goberno.
Para que teñan que contar con Galiza,
contemos co BNG.
A nosa compañeira Merche irá na
candidatura do B.
N.
G.
ás próximas Eleicións
Xerais pola provincia de A Coruña, lista na
que estará situada no n°8.
Eis unha pequena biografía para saber
algo máis dela:
M.
Mercedes Díaz Mayán naceu en O
Pindo (Carnota) o 23 de Novembro de 1968.
Tras obter o título de Maxisterio na
Universidade de Santiago exerce o cargo de
administrativa na Confraría de Pescadores de
O Pindo dende fai dez anos, da que ademáis é
secretaria dos Órgaos de Goberno.
Dende a pasada lexislatura municipal e
o que vai desta é concelleira polo BNG no
Concello de Carnota, onde leva a área de
Concellería de Muller, Servizos Sociais,
Educación, Formación e Desenvolvemento
Local.
Tamén forma parte da Executiva
Comarcal do BNG na Costa da Morte.
Estalou a bomba: o lider do PP
carnotán asiste de na lista do PP por A Coruña
ás Eleicións Xerais.
Así ve recompensado
Oreiro o “esforzo” realizado durante os seus 2
anos de deputado no Parlamento Galego
(1993-95), cun balanzo moi ilustrativo: CERO
intervencións, beneficio NULO para o noso
Concello.
Pois esta vez aspira a repetir en
Madrid… queres caldo, pois toma duas cuncas!
E por si o consigue, n A Moa xa estamos
á espreita: Será posíbel que en Madrid faga
menos do que fixo no Parlamento Galego?
Conseguirá por fin traspasar a barreira entre
home e planta? Só o tempo poderá respostar
as nosas dúbidas existenciais.
Seguramente
continuará coa súa cruzada particular para
tirar co pósito de O Pindo, e en calquera caso
esa sería toda a súa “aportación”.
» A UTILIDADE DO NOSO VOTO
Voceiro Local de B.
N.
G.
e Galiza Nova de Carnota ~ Primavera 2004 ~ N°20
Maio longo, maio longo • Todo cuberto de rosas •
Para algúns telas de morte • Para outros telas de voda Rosalía de CastroRosalía de CastroRosalía de CastroRosalía de Castro
» MERCHE DIAZ, N°8 DO BNG POR A CORUÑA
» PECADO ORIXINAL (de orixe)
[Less]
Insert a miniCalaméo on your website or your blog
Tags
carnota,
castrorosalía,
concello,
dende,
eleicións,
galego,
galiza,
goberno,
lista,
madrid,
nosa,
noso,
parlamento,
pindo,
pois,
representación,
xerais
Sites linking to this publication (1)