Published by
 
Send a message
Copyright :  

Bases Constitucionais da Nación Galega 1976

Adobe PDF document
Format : Misc
Category : Politics
Language : Galician
3 pages
Pub. on May 15th 2008
Viewed 19 times
0 comments
0 distinctions
0 member(s) added it to their favorites
 
PPrriimmeeiirraa. . -- Conforme ó principio de autodeterminación nacional, a soberanía política en Galicia corresponde ó pobo galego. SSeegguunnddaa. . -- Un Goberno asumirá a representación e o exercicio do poder político no territorio de Galicia, en tanto non se establezcan as institucións políticas difinitivas, no correspondente proceso constituínte. TTeerrcceeiirraa. . -- O Goberno Galego solo responderá da súa xestión ante o pobo galego, titular da soberanía política, e a súa actuación terá como principios irrenunciabeis os consignados nas seguintes bases: DDAA PPAARRTTIICCIIPPAACCIIÓÓNN NNUUNN PPAACCTTOO FFEEDDEERRAALL EESSPPAAÑÑOOLL CCuuaarrttaa. . -- A participación da nación galega nun pacto federal español terá de axustarse ás condicións mínimas seguintes: I. O pacto federal ten de ser concluído sobor do principio da negociación no plano da igoaldade dos representantes lexítimos dos pobos das diversas nacións hoxe integradas na Estado Español, según veñan determinados polos respectivos procesos constituíntes. II. O pacto federal non poderá reducir as facultades de autoorganización e autogoberno da nación galega, agás nos aspectos libremente consentidos polos seus lexítimos representantes no devandito pacto. III. Os órgaos federáis que se establezcan, tanto lexislativos, como executivos e xudiciais, integraránse sobor da base da representación por nacións, en igoaldade numérica, independentemente da poboación e territorio de cada unha delas. IV. Non se poderá tratar de relativizar o peso político das nacións nos órganos federáis mediante a concesión de igoal representación neles ás rexións integrantes de calquera das nacións. Tal cousa non impedirá que calquera das nacións, na súa organización interna, poda otorgar autonomía ás rexións ou provincias que a constitúen. V. A eventual integración da Federación en organismo supranacionais, de carácter político ou económico, deberá ser refrendada polos lexislativos de tódalas nacións federadas. QQuuiinnttaa. . -- Os recursos económicos da Federación virán constituídos por: Aportación de cada unha das nacións federadas, sobor do criterio de potencialidade económica respectiva e da solidariedade federal. Os rendimientos de aquelas actividades susceptibeis de proveito económico que a Federación asuma en exercicio de competencias que lle sexan recoñecidas no pacto federal. Os recursos fiscais espresamente previstos no pacto. SSeessttaa. . -- Serán competencia federais as referentes ó aseguramento da relación entre as distintas nacións integrantes da Federación e a defensa e relacións esteriores; en particular: Forzas armadas de carácter militar: exércitos de terra, mariña e ar. A representación esterior da Federación: servicios diplomáticos e consular. Conclusión de acordos internacionais. Declaración de guerra e concertamento da paz. Política arancelaria e monetaria. Coordinación das políticas económica e fiscal das nacións federadas. Réxime xurídico da administración federal. A administración de xusticia nas materias en que a lexislación sexa de competencia federal. SSééttiimmaa. . -- As competencias federais non poderán ser ampliadas por medio da interpretación xudicial de poderes implícitos nelas. As competencias non atribuídas espresamente á Federación ficarán reservadas as nacións integrantes. OOccttaavvaa. . -- A competencia federal sobor das forzas armadas abranguerá as forzas de carácter estrictamente militar. As forzas paramilitares de orde público serán de competencia das nacións federadas. Os mozos chamados a reclutamento forzoso terán de facer o seu servicio militar no territorio de Galicia. O personal militar designado pra empregos que supoñan “cargos de confianza”, a exercer no territorio galego, deberán outer o refrendo do Goberno Galego. Toda alteración sustancial da dotación ou organización militar no territorio galego, e a realización das maniobras militares non de rutina no mesmo, debeBASES CONSTITUCIONAIS PRA PARTICIPACIÓN DA NACIÓN GALEGA NUN PACTO FEDERAL, E DE GOBERNO PROVISORIO GALEGO FUNDACIÓN GALIZA SEMPRE
 

Would you like to comment?

Join Calaméo for a free account, or log in if you are already a member.