Mulleres en marcha até que todas sexamos libres (rebater)
2 pages
Published by
ISCA
Copyright :


Mull res en marchae
até sermos todas libres
>>
rebater
folla
axitativa
de isca!
www.
iscagz.
org
iscagz@gmail.
com
Baixo este lema reunimonos hoxe en Vigo mulleres de todo
mundo, decididas a superar todo tipo de obstáculo que nos...
[More]
Mull res en marchae
até sermos todas libres
>>
rebater
folla
axitativa
de isca!
www.
iscagz.
org
iscagz@gmail.
com
Baixo este lema reunimonos hoxe en Vigo mulleres de todo
mundo, decididas a superar todo tipo de obstáculo que nos
separe da nosa auténtica liberación, dispostas a coñecer e
compartir experiencias con feministas que vive outras
realidades, seguras de que o traballo, a loita e a formación son
as mellores ferramentas para trocar un sistema que nos anula
e invisibiliza, fai de nós traballadoras exploradas, obxectos de
decoración, cidadás de segunda categoría.
A Marcha Mundial das Mulleres, mediante este Encontro
Internacional e nomeadamente co espazo adicado á
soberanía alimentar, lanza unha aposta clara alén das
solidariedades puntuais e os descursos case obrigados en
datas sinaladas: chamanos a construir unha realidade da que
nós sexamos protagonistas, que lle bote un pulso ao capital
que nos explora, ao patriarcado que nos afoga, aos roles que
nos oprimen, traballando en alternativas que troquen a vida
das mulleres para trocar o mundo, que troquen o mundo para
trocar a vida das mulleres.
En todo mundo estanse a librar inumerábeis e diversas loitas,
cada unha nun contexto diferente, desde unha forma distinta
de entender o feminismo, con mais ou menos mecanismos
para visibilizarnos e facernos parte da história; loitas que,
independentes pero ao tempo combinadas, tecen unha rede
de resistencia ao patriarcado e á opresión de xénero que lle
planta cara ao sistema e á sociedade que este sostén.
O noso empoderamento, a toma de consciencia da nosa
realidade e da necesidade dunha mudanza estrutural é
imprescindível para dirixir as nosas loitas a bo porto,
[Less]
Insert a miniCalaméo on your website or your blog