Rebater 1º Maio 2008
1 pages
Published by
ISCA
Copyright :

A sombra da crise percorre o noso país,
por medio da carestía da vida provocada
polo aumento dos prezos -as cifras oficiais
(baseadas nun IPC fraudulento) estiman
máis dun 4%, aínda que os produtos básicos subiron máis do duplo- e...
[More]
A sombra da crise percorre o noso país,
por medio da carestía da vida provocada
polo aumento dos prezos -as cifras oficiais
(baseadas nun IPC fraudulento) estiman
máis dun 4%, aínda que os produtos básicos subiron máis do duplo- e o estancamento
salarial durante tantos anos (mentres as empresas aumentaban os beneficios nun 73%
os salarios crecían un 3,7% como resultado do pacto social).
No Estado Español os últimos anos estiveron caracterizados pola expansión do
traballo temporal, a exclusión de miles de traballadores das prestacións e as bonificacións ao empresariado, reformas apoiadas ou impulsadas directamente pola UE e
desenvolvidas de igual xeito por PP e PSOE.
A mocidade é unha parte extremadamente vulnerábel neste contexto, xa que sofre
con maior contundencia os peores excesos do neoliberalismo, como demostra a
realidade cotiá de precariedade e sinistralidade, subcontratacións e baixos salarios, ou
os milleiros de galegos que teñen que emigrar cada ano, ou a discriminación de xénero,
ou o feito de que o Estado chegue a ofrecernos o Exército como unha "saída laboral".
Cando os beneficios importan máis que as persoas, tamén os servizos públicos e os
dereitos sociais sofren estas ofensivas, con reformas privatizadoras como a LOU e
Boloña no ensino público; dereitos como a vivenda son unha quimera a pesar de que
existen milleiros de construcións baleiras; ata o dereito de reunión nos espazos públicos
é cuestionado e criminalizado coa desculpa do "botellón"; os medios de comunicación
impoñen o consumismo e o pensamento plano, mentres as leis de propiedade intelectual priman os privilexios dos ricos contra o dereito a compartir; ata a natureza é
depredada, como demostran o Plano Acuícola, o uso de transxénicos, a resistencia de
Ence a desaparecer ou a construción do TAV.
As políticas económicas e laborais do Estado Español e da Xunta (que van de mans
dadas no impulso do crecemento económico para unha minoría) non son parte da
solución, senón do problema.
A realidade económica é tamén inseparábel da situación
política, caracterizada pola negación da soberanía, de xeito que o cambio político pasa
pola acumulación de forzas en prol do exercicio dos nosos dereitos nacionais.
É importante notar que a consolidación deste modelo asentou nos avanzos e na
consolidación dunha clase social hexemónica no país, mentres vivíamos unha transformación social marcada pola asalarización, a destrución de sectores produtivos, a
imposición do consumismo e os recortes de dereitos para a clase traballadora.
Así, Isca!
denuncia contundentemente a deriva populista de parte do
nacionalismo, que nega a realidade da loita de clases para
reclamar unha adhesión nacional a empresas –no duplo sentido
da palabra- que funcionan nunha difusa "chave de país", sen
diferenciar os proxectos contraditorios entre clases sociais e os
seus diferentes intereses.
Existen alternativas ao modelo imperante, que só deixa un
ronsel de explotación e inxustiza.
De Isca! pulamos por
orientar cada pequena vitoria nun paso máis na construción
un novo modelo sustentábel baseado na xustiza social,
protagonizado pola clase traballadora e os movementos
populares, e amparado nun sistema democrático e
participativo.
A nosa loita nacional, acompañada do
internacionalismo solidario, será tamén o mellor
contributo para os avanzos no resto do mundo – onde o
espectro do neoliberalismo ten unha faciana máis dura,
e a crise alimentar condena a millóns de persoas a
morrer de fame-, para acadar un futuro promisorio
para a humanidade, os pobos e a natureza.
rebater
folla
axitativa
de isca!
www.
iscagz.
org
iscagz@gmail.
com
aqui agora:e
1º de maio - Dia Internacional da Clase Traballadora
[Less]
Insert a miniCalaméo on your website or your blog