Combater 2
8 pages
Published by
ISCA
Copyright :

combatercombater
2oremún
[Temos
direito a
fabricar os
nosos
proprios
soños, a
decidir o
noso
destino
colectivo.
]
isca!
iscagz.
org
é unha organización asemblearia
da mocidade galega que ante a
situación política actual decide...
[More]
combatercombater
2oremún
[Temos
direito a
fabricar os
nosos
proprios
soños, a
decidir o
noso
destino
colectivo.
]
isca!
iscagz.
org
é unha organización asemblearia
da mocidade galega que ante a
situación política actual decide organizarse
para achegar novas e diferentes visións ao
discurso “oficialista” do BNG.
Defendemos o
traballo social e político desde a base, en pe
de igualdade co resto de movimentos e de
colectivos galegos.
www.
info@
O servizo de orde vixíanos todo o percorrido, tentando
que todo ocorra seguindo as previsións.
Recórdannos
que só competindo lograremos o favor individual do
director.
Só así teremos dereito a chegar a meta, a
unha ducha, a un xantar quente.
Perdemos a
consciencia.
Sopramos.
Xa vamos de primeiros na
carreira.
Por fin os nosos soños faranse realidade e
rematará o noso sofrimento.
A meta está á
vista.
Chegamos con vantaxe.
O director
albíscanos e alégrase.
Ducias de persoas
situadas tras da liña da meta aplauden
sen parar.
Entón miramos cara atrás.
O
tempo para.
Sopramos de novo.
Colin Smith detense xusto
antes de cruzar a meta, ante a
incredulidade da xente e a
irritación do director.
Por primeira
vez fora quen de decidir o seu
proprio destino.
Desafiara a
propria meta que lle marcaran, o
obxectivo que se supuña que
tiña que cumprir.
E agora que?
Que sucedería?
Temos direito a fabricar os
nosos proprios soños, a decidir
o noso destino colectivo, a
desviarnos do vieiro marcado.
Temos de ser quen, como
Colin, de irritar o director, de
desafiar o sistema.
Temos de
confiar nas nosas posibilidades , na nosa
capacidade para mirar atrás e aprender do
pasado.
No noso direito a intervir no futuro, de
non ceder ante a chantaxe da espiral da
explotación.
Temos a obriga de nos negar a
ser explotados, así como da posibilidade
que nos brindan de nos converter en
explotadores.
O vieiro non é doado, está cheo de lama e
transcorre por paraxes descoñecidas.
Será
mais doado, sen dúbida, se recoñecemos que
colectivamente podemos lograr a meta que
buscamos.
Sen explotación, sen directores,
sen público que nos aplauda e sen recompensas
falaces.
Sen represión.
>>Segue na páx.
2
A FALAZ SOIDADE DO CORREDOR DE FONDO //
Colin Smith corre velozmente, seguido de perto por outros
corredores.
Vai de primeiro na carreira, e por uns intres
logra esquecer a privación de liberdade en que vive.
Resopra.
Mira cara atrás.
Ainda están lonxe.
As árbores
ocultan un sol que reloce entre as follas.
No entanto, o
director do correcional confia na vitoria do mozo, que
lle reportará prestixio e prebendas persoais.
Obrigados a competir entre iguais, esvaramos e
enterramos os pes na lama, mais aínda así seguimos
a correr cara adiante.
Xa case non somos quen de
mirar cara atrás, por medo a enfrontar o pasado.
Corremos por un vieiro perfectamente
delimitado, deseñado por outros, e cun final
marcado previamente.
Aspiramos a acadar a
meta antes que ninguén para un día poder
trazar a meta dos demais, marcar o
camiño de outros.
É a espiral da explotación, que nos
obriga a ser cómplices do sistema,
punindo a quen saia do vieiro
marcado.
Sermos explotados
coa esperanza de sermos algún
día explotadores.
Mentres
t a n t o , o d i r e c t o r d o
correcional será quen saque
partido do noso talento, das
nosas capacidades, das nosas
ilusións.
Privándonos de liberdade,
reprendéndonos, enfrontándonos con iguais.
Porque sen a sumisión non existen os direitos neste
correccional globalizado, o noso Guantánamo
particular de todos os días.
É posíbel sair do camiño marcado? Acaso os corredores de fondo
non deberían marcar a súa propria meta? Non deberían
cooperar, trazar un plano de evasión, desafiar aos represores? É
claro que alguén sairía do vieiro para coller un atallo á meta,
traizoando aos compañeiros.
É unha posibilidade.
Mais aínda así,
non merece a pena seguir un camiño proprio, elixido
conscientemente? Ou é que até nos privaran da consciencia?
moito mais que un tren2012
pax.
3
Movimento Xuvenil:
rupturismo ou institucionalismo?
pax.
4
A bolsa ou a vida!
reflexións encol da crise financeira
pax.
5
A nova retórica
dos direitos no
españolismo
pax.
6
EEES:
o capital arriba
à Universidade
pax.
7
Reconstruir
o movimento
feminista
pax.
2
[Less]
Insert a miniCalaméo on your website or your blog