VVoocceeiirroo LLooccaall ddee BBNNGG ee GGaalliizzaa NNoovvaa ddee CCaarrnnoottaa ~~ PPrriimmaavveerraa 22000088 ~~ NN°° 2266
Tamén estamos na rede! www.
bng-galiza.
org/carnota www.
bng-carnota.
blogspot.
com
Tan só un día antes de que anunciara na prensa que
renunciaba á dedicación exclusiva como alcalde, houbo
un Pleno Ordinario no que José Oreiro non tivo sequera
a deferencia de comunicarlle aos membros da
Corporación a súa decisión; e iso que parece ser que xa
levaba varios días incorporado ao seu posto de traballo
na docencia; aínda así, elixiu un medio de comunicación
para facelo público.
Fainos pensar que o titular lle interesa bastante máis que facer as cousas ben, ou cando
menos que facelas nas cauces que democraticamente
marcou a veciñanza.
Ademais, xa sabemos que as formas
nunca foron o seu forte, non o ían ser tampouco agora.
En primeiro lugar queremos resaltar a falta de previsión en cuestións fundamentais: No Pleno do 4 de
abril o goberno municipal inclúe nos Orzamentos para
o ano 2008 a dedicación exclusiva do alcalde.
3 semanas despois, renuncia á dedicación exclusiva, aducindo
que «tivo que renunciar pola situación económica do
concello».
Temos que entender que o día 4 de abril o
concello de Carnota tiña capacidade para duplicar o
número de soldos de carácter político e a súa contía, e
tres semanas despois xa non a ten?
Aqui ninguén puxo en tea de xuízo que o alcalde
se poña un soldo.
É totalmente lexítimo, ademais cremos que é a súa obriga, para poder centrarse totalmente nas cuestións que afectan aos veciños.
O problema é
cando se crea un soldo para o alcalde, outro para o
tenente de alcalde, outro máis para o segundo tenente
de alcalde e para colmo contratas un asesor de alcaldía
por máis do que cobran a maioría de funcionarios do
concello.
O problema é pasar de 68 a máis de 123 mil
euros gastados anualmente nese concepto.
O problema
é converter un concello de 5.
017 habitantes (datos do
IGE, ano 2007) no que máis inviste da Costa da Morte
nos salarios dos seus políticos.
Iso, e soamente iso, é o
que criticaba o BNG.
En segundo lugar queremos salientar que se está
incurrindo nunha fraude electoral.
Cando unha persoa
se presenta á alcaldía é para facelo na plenitude das
súas facultades, non como un «hobby» ao que dedicarse no tempo libre ou cando cadre.
En terceiro lugar, está claro que a falta de capacidade de xestión que este goberno demostrou no seu primeiro ano de lexislatura vai continuar no futuro.
Para
obter investimentos das distintas administracións hai
que facer unha labor continuada de contactos persoais
e de seguemento, labor para a que o alcalde vai estar
imposibilitado por motivos laborais.
A cuarta (e non menos importante) cuestión que
nos plantexamos: quen vai ser a persoa que vai a ocupar «de facto» a alcaldía na ausencia do alcalde real?
Aqueles veciños que libremente decidiron votarlle ao PP
fixérono para que o alcalde fora o candidato, ou votaban para alcalde a algún dos que ía por debaixo na candidatura? Moi seguros deben estar do que fan para traizoar o voto e a confianza de todos os que quixeron a
primeira posibilidade.
Por último, sinalar que no BNG non nos queda
dúbida algunha sobre o auténtico motivo da decisión do
alcalde: Non puido soportar a presión veciñal froito da
labor comunicadora das actuacións municipais exercida
polo BNG de Carnota e o seu portavoz, Tomás Freire.
De
non ser pola axilidade do BNG en informar sobre estes
presupostos de escándalo, moi poucos veciños se terían
enterado de nada.
E desde logo o investimento en soldos
de carácter político que se aprobou no pasado pleno é
bastante difícil de dixerir por calquera veciño, sexa da
cor política que sexa, pois rebasouse con creces calquera límite lóxico e razoábel.
Sen embargo, a medida adoptada en consecuencia
-a renuncia á dedicación exclusiva, anunciada pola
prensa- só podemos entendela coma unha operación de
lavado de imaxe do alcalde de cara á veciñanza.
A estas
alturas todo o mundo sabe que os problemas económicos do Concello non son debidos ao soldo do alcalde,
senón á ambición dos que o rodean.
E o alcalde de
todos os veciños debería ser sempre o último en tomar
unha determinación tan extrema.
Por xustiza.
>> OREIRO RENUNCIA Á SÚA DEDICACIÓN EXCLUSIVA
E CEDE ENCUBERTAMENTE A ALCALDÍA
Enquisa (só para votantes do PP):
A quen votou vostede para alcalde nas
pasadas eleccións municipais?
a) Marisol
b) Brea
Facede chegar as vosas respostas
ao teléfono 981 85 70 32
(Razón: Concello de Carnota)
[Less]