voceiro da federación de banca, aforro, seguros e oficinasxuño 2009 / nº 20
www.
galizacig.
com
Colexio Arquitectos BBVA - B.
Gallego 2-3
Banco Pastor Caixanova
4-5
Caixa Galicia Eurocen - Unísono
6-7
Bosch - Notarías Rexistros Propiedade
8
O
Ás130oficinaspechadasengádenseagoraServizosCentrais
Peche masivo de centros de traballo no
sector financeiro
Manifestación da CIG o 12 de maio na Coruña contra os peches.
Malia recibir miles de millóns de euros en axudas públicas todas as Entidades, tanto Bancos como Caixas de Aforros, teñen en
marcha peches de centros de traballo que afectan a Galiza.
Xa son 600 os postos de traballo destruídos dende decembro.
último informe de estabilidade financeira do Banco de España
destacou que “utilizando a súa
ampla rede de sucursais, que
permite unha maior proximidade
aos clientes, as entidades intensificaron a captación de depósitos.
.
.
isto contribuíu a aliviar as
necesidades de financiamento
das entidades”.
Cabe lembrar
que ante as necesidades de financiamento, o Estado puxo en
marcha dúas liñas de axuda para
Bancos e Caixas por valor de
150.
000 millóns de euros.
Malia considerar a rede comercial como unha vantaxe, tanto o Banco de España como o Ministerio de Economía, reclaman
das entidades un maior peche de
centros de traballo.
Nun caso inédito, o Estado
pon axudas públicas mentres reclama peches de centros de traballo e despedimentos.
Pola súa parte a nova Xunta
de Galicia, que ten o control sobre as Caixas de Aforros Galegas,
semella disposta a renunciar a
defensa do emprego no país.
Ata o de agora os postos de
traballo amortizáronse a través da
rescisión dos contratos temporais, mediante xubilacións anticipadas con cargo á Seguridade
Social, pero tamén a través de
despedimentos individuais.
Pero os peches teñen máis
consecuencias laborais: creba
na carreira profesional, perdas
salariais e maior mobilidade xeográfica e funcional.
As Entidades estudan novos
peches para o segundo semestre do ano.
Hai rumores sobre posibles
peticións de autorizacións por
parte de varias Entidades do Estado para prexubilar con cargo a
reservas, pero esta posibilidade
entraría en contradición coa posición política do Banco de España e das propias Entidades financeiras, favorable a adiar a idade
da xubilación máis alá dos 65
anos.
Ante esta situación só a CIG
ten convocado mobilizacións,
tanto a nivel das distintas empresas como a nivel do sector financeiro, para defender o emprego.
BALANCESINDICAL
[Less]